post

lois x lois

Lois Pereiro na voz de Lois Pereiro.

[Pub Moka, A Coruña, febreiro de 1996]

PS/ Se queres gardar este arquivo, ou calquera outra cousa que soe no teu ordenador, podes probar as virtudes do programa Audacity. Aquí vai un titorial sinxelo.  Pero, neste caso, a descarga deste audio é ben doada: de momento está dispoñible en Megaupload [ligazón].

Comments

  1. Vaia xoia que atopaches!. Escoitaba mentres andaba facendo cousiñas e, cando me decataba xa parara de traballar, o oído atento, a vista perdida no gris lonxano a través da ventá.
    Escoitar algúns dos poemas que eu tanto repasara na súa propia voz foi algo que non tiña imaxinado: un agasallo que me chegou a través de tí.
    Escoitar o respirar de lois, entre verso e verso recitados con non moitas forzas. Pódese escoitar ata unha risiña irónica, cun aceno triste.
    E algo moi íntimo:

    cómo e-n-v-í-a o cuspe.

    E despois, citas, moitas citas, nomes escoitados por min antes pero sin contido asociado, [outra constatación máis da miña pouca cultura], pregúntome que cona andiven facendo tantos dias!, citándoo a él “vaise un fatigando de que a vida sexa tan breve, pero os días teñan tantas horas”
    [tantas perdidas]

    E das citas ésa de Martin Walser,
    Catro son as artes:
    1. música
    2. poesía
    3. pintura
    e a orixe e culminación de todas elas:
    4. a dor

    E vai Lois e mete estes versos seus:

    Tristemente convivo coa túa ausencia
    sobrevivo á distancia que nos nega
    mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
    sen decidir cal deles pode darme
    a calma que me esixo para amarte
    sen sufrir pola túa indiferencia
    a miña retirada preventiva
    dunha batalla que xa sei perdida
    resolto a non entrar xamais en ti
    pero non á tortura de evitarte.

    E que dis da música que elixiu. porque elixiría él ¿non si?

    En resumo: gracias por ofrecer.
    [que sorte estou tendo, de poder compartir contigo a Lois Pereiro]

  2. Ups!
    Paseime. Que abuso do teu blog.

  3. Unha fermosa entrada, Zeltia, para un fermoso audio. Nin cansas, nin aburres. Fas uns comentarios moi emotivos ás veces; moi simpáticos, ás veces; moi longos, ás veces; moi curtos, ás veces…Pero interesantes, SEMPRE.
    Ti o dixeches xa: unha xoia. Falabarato supérase en cada entrada.

  4. “No fondo, un poema non é algo que se ve, senón a luz que nos permite ver. E o que vemos é a vida.”(Robert Penn Warren)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: