post

un correo-e

>>

Onte estaba un pouco pachuchiña á tarde, e tiven sesión de sofá con Lois Pereiro.
Á noite, cando deixei o libro, quedei envolta na súa atmosfera.
E que… [sabes?] terminei lendo coma se fose eu quen escribira, poñéndome na súa pel…
[dentro do que é posible facer iso con alguén de quen non sabes nada, a excepción de saber que sabe que vai morrer;
que a súa relación amorosa estaba rota:
unidireccional, si, e irreversible / ou bidireccional, pero imposible, como el dicía.
Supoño que esquecer a quen se ama é un luxo que non podía permitirse: un luxo accesible só para quen pensa ter futuro]
Apetecíame falar e íate chamar, pero vin que era un pouco tarde:
de boa te libraches!
Concluíndo: á noite era eu un pouco Lois Pereiro, e coma el podía sentir esa necesidade de continuidade, de non diluírme na nada.

Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñado nas túas noites
ou prorrogado en ti.

[…] e a súa vida segue o seu camiño,
indiferente,
allea á miña morte,
á miña vida,

Contrapoñendo á vida del:

E aquí estou eu
con ela dentro sempre
insomne
e irredenta
como única compaña unha vez máis;
a enfermidade

E isto, non é un berro?

Déixate devorar por quen te escolla
agora que es unha luz evadida
da escuridade que te tiña capturado.
Déixate devorar
e impide feramente
que te volva habitar e te contaxie
a túa latente sombra irrevocable

E hoxe, non sei polo que, teño unha estraña sensación de orfandade.

Comments

  1. “…unha estraña sensación de orfandade…”
    Se houbese algunha menciña eficaz contra esa doenza, os boticarios forraríanse!!!

    Hoxe, dúas apertas: unha para o/a autor/a do correo-e e outra para ti.
    [Unha aperta non cura, pero podería axudar…]

  2. Áptera says:

    Que difícil é seguirte, Xosé, onte estabas co churrasco e hoxe xa tan “unidireccional, si, pero imposible”…

  3. Anónimo says:

    Nadie se da conta cando un morre un pouco, que é como se morrre cando se morre por dentro e por fora se sigue vivindo como si non ocurrira nada.Cantos aparentementes” hai e cantos temos esa sensación de orfandade…

  4. Eueueu says:

    Onte, despois de ler o teu post, mergullei un pouco na rede e tropecei coa declaración institucional da RAG na que se xustifica o acordo de dedicarlle o Día das Letras 2011 a Pereiro. Mete meto como escriben os académicos:
    “Cartografou coma mingúen o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario.”

    • xdafonte says:

      Viña agora no coche dun compañeiro e linlle o pintoresco texto da RAG. O compañeiro escachou a rir e dixo: “E logo, como explicas que esa ‘sensibilidade emerxente’ estea ao mesmo tempo ‘mergullada no posmodernismo’?”
      Eu pensaba aquelo que lle oín un día a Paco Lareo, o da Solaina de Piloño: “O que escribiu esto saberá o que quixo dicir…”.

  5. Visto o comentario anterior, calquera potencial lector ou lectora se botaría para atrás. ¿A quen lle pode apetecer ler a alguén definido así?
    [Sobre todo se non tés unha sensibilidade mergullada no posmodernismo e non estás desexosa de atoparte cun discurso acuciante e non retardario…(bueno, a min o do discurso acuciante mólame, que son impaciente)]

  6. Anónimo says:

    Si, eueueu, xa podían baixarse un pouco máis cando falan co “vulgo”. No fondo son uns elitistas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: