post

descargando audio de YouTube

Gustaríame que me dixeras onde podo atopar a música [do vídeo “Xaneiro Xa”], que a quero levar no meu carrinho chof-chof. Esta petición formulouna onte Áptera nun comentario que puxo no blogue. E como non deixa máis nada, nin sequera correo electrónico, dareille aquí e agora cumprida resposta.

O de descargar música é un mundo. Hai moitas aplicacións, moitas webs e moitos servizos dirixidos a satisfacer esa demanda. A miña achega vai consistir en describir o procedemento que sigo para descargar o audio dos vídeos de YouTube por medio dunha web específica.

O primeiro, evidentemente, é entrar en YouTube e seleccionar o vídeo que nos interesa. Teremos que ter o seu enderezo URL. Se non o vemos ou temos dúbidas, basta con pulsar o botón COMPARTIR (debaixo da consola de reprodución de YouTube) e xa nos aparece seleccionado. Por exemplo, a URL do vídeo Xaneiro Xa é esta: http://www.youtube.com/watch?v=bvrvWDVNyHM. Unha vez localizado e seleccionado, copiamos o enderezo [botón dereito –> Copiar ou Ctrl+C].

Agora temos que abrir outra páxina web, que é onde faremos a descarga: www.vidtomp3.com. Navegamos un pouquiño por ela e atopamos unha caixa que vai encabezada por este enunciado: Enter Video url below to convert into MP3. Pegamos nela o enderezo de YouTube [botón dereito –> Pegar ou Ctrl+V], seleccionamos a calidade de saída que nos interesa (alta ou normal) e facemos clic no botón Download.

Agora pasarán uns segundos e aparecerá unha ventá co link Download mp3. Pinchámolo e xa chegamos ao último chanzo, que vai ser unha ventá con varias opcións de descarga. Nós collemos a primeira, a que está debaixo do texto Click button below to Download MP3, pinchando o botón Download mp3. Agora só faltará decidir onde queremos gardalo… e máis nada.

A vantaxe deste procedemento é que non fai necesaria a instalación de ningunha aplicación específica. Só precisamos acceso a internet.

Se o probades, contade, ho!

Comments

  1. Graciñas, Falabarato. Levo anos intentándoo! Agora vou probar e ver se me sae.

  2. Baixar vídeos de You Tube! NOn mo podo crer. Intentareino e se o consigo por suposto que deixarei aqui constanza.
    graciñas e aburiño

  3. Perfeuto, amigo Falabarato. Isto é unha mina. Que lle den á Sinde….scargas.

  4. Eu tamén probei a baixar o tema do último vídeo que colgaches, o de “Xaneiro xa”, a canción de Armand Amar, que non pode deixar indiferente a ninguén…
    e despois de buscar a letra, ainda menos:

    “Oh día, despierta! Los átomos bailan.
    Todo el universo baila gracias a ellos.
    Las almas bailan poseídas por el éxtasis.
    Te susurraré al oído… a donde les arrastra esta danza.
    Todos los átomos en el aire y en el desierto… , parecen poseídos.
    Cada átomo, feliz o triste… está encantado por el sol.
    No hay nada más que decir.
    Nada más.

    Ningún problema, todo sinxeliño e doado de facer.
    Que fácil parece todo cando se sabe, non si?
    [pois moitas grazas, xa van duas ou tres cousas que aprendo a facer grazas ó Falabarato.]

  5. Áptera says:

    Que detallazo, Xosé!!! Moitas grazas. Xa descarguei 14 ou 15 temiñas para montar un disco e amenizar as viaxes no meu carrinho chof-chof.
    Biquiños.

  6. O que pasa de cando en vez says:

    E como o pedir tampouco ten cancelas, para cando o programiña que baixa a imaxe tamén? Non sei se existe iso pero sería unha boa cousa disfrutar dos videos de Falabarato tamén sen estar conectado.
    Graciñas!

  7. Anónimo says:

    Resulta moi sinxelo tal e como o explicas. Non tiña nin idea de que houbera programas que o tal permitiran. Non hai que esquecer o problemático momento que vivimos que parecemos todos ladróns e delincuentes.
    Paulo.

  8. 1º lin detidamente.
    2º farei a proba paso a paso.
    3º contarei o resultado.
    O tutorial parece fácil de seguir e moi útil, desde logo!!
    Grazasss.
    Bicosss.

Trackbacks

  1. […] música descargueina dun precioso vídeo de Falabarato, seguindo este titorial onde ensina cómo descargar mp3 de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: