post

porquiño porque si

bebe tranquilo, que este é viño da casa e non che ha facer mal  :: e come chourizos, home, que o quiniño fartouse de comer verdura un ano enteiro  :: se viras de que carniña tan escollida os fixemos… :: pero, iso si, hai que pasar moitos traballiños, que as cousas non veñen sen traballar

Comments

  1. Que pintazaaaa eses chouriciños!! Poder degustar e manduscar chourizos da casa nestes tempos xa é todo un luxo.
    A túa nai: que os siga facendo por moitos anos!!
    Hai unhas semanas collín por primeira vez a autopista na Bandeira (por indicación dalguén) e ó principio pensei que ía perdida. A entrada é realmente espectacular, máis ben parece que te vas adentrar nun monte ou nalgún recóndito pobo.
    Un vídeo algo…punk?;-)

  2. Quería dicir “funk”, pola música… ou mestura dos dous xéneros…

  3. Xa vin que en vez do audio que che pediamos declamando un poema de Lois Pereiro, deixáchesnos chourizos!
    Por mín está ben, eh, que onde estea un bo chourizo que se quite a poesía e non lle engado a firma dixital porque ainda na teño.

    Esquecereime de probar un deses chourizos, que Esther de Cachóns dí ás clariñas que o que queira chourizos que críe un porco! [teñen pinta de ser moooi sabedeiros, pero aínda así tí es a cousiña máis apetecible que sae no vídeo…]

    😉

    vídeo, por certo, que me gustou moitísimo, dende a conversa do inicio, dinámico, áxil, simpático e crrrrreatifo.

  4. silledense says:

    que clariño fala a túa nai!
    Bicos….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: