post

mellor en voz alta

Non pensaba mercar nada, pero amortecía o ano e apeteceume entrar para desexarlle boas festas ao libreiro, amigo meu desde hai anos. Crucei por diante da caixa e vin que estaba no fondo do local. Cando non teño clientes quixo explicarseaproveito para abrir caixas e para revisar os albaráns. No chan había moreas de libros e revistas, coma sempre.

Falamos un pouco e dei en remexer distraídamente entre os libros que ían sendo liberados das caixas. Atopei varios volumes dunha fotobiografía sonora de Lois Pereiro [42 euriños!] e quixen botarlle unha ollada a un deles, pero traía un envoltorio de plástico, así que tiven que conformarme con velo por fóra. Despois foron aparecendo varios exemplares dun libro de Pereiro que eu non tiña, Poemas 1981-1991, reeditado moi recentemente por Edicións Positivas. Vexo que xa estás preparado para o 2011, ironicei mentres ía pasando as páxinas do poemario. Alzou a vista dos albaráns e sorriu. Iso agardo -retrucou-, sobre todo se nos centros de ensino lle mandan mercar algo disto á rapazada… Parolamos un pouco sobre o mercantilismo e o oportunismo asociados á celebración das Letras Galegas e bromeamos con algunhas piruetas bibliográficas que viron a luz en anos anteriores. Mira, Xosé, tal e como anda a cousa -e non vexas como se puxo para nós-, agradécese calquera iniciativa que tire da clientela e que nos permita ingresar uns euriños. Máis claro, auga.

Merquei o libro de Lois Pereiro e púxenme con el ao pouco de chegar á casa. Xa me dixera o libreiro que os poemas de Pereiro son para lelos en voz alta…

Terra e máis terra brava

brava mais maina e cruel

violenta, visceral,

secreta, infame, inmemorial,

amada, fole, a terra

anxel, fole e a morte

a morte anxel a morte

en ti

the end

Comments

  1. silledense says:

    Fixeches que me entrase a cobiza de mercar ese libro. Hoxe mesmo o collerei. Grazas, coma sempre, polas túas achegas.

  2. A “cultura”, coma todo, forma parte deste mercadeo institucional.
    Lois Pereiro dará de comer porque dos seus libros xa non había exemplares mais ca nas bibliotecas (e nalgun rastriño)
    Este ano haberá que ler algo, xa dirás se che gusta éste que chaman poeta da contracultura, punky e de todo.
    [Eu non lle coñezo nada máis alá dos versos do seu epitafio]

  3. áptera says:

    Chegou o ano de Pereiro [Lois, que non Óscar, ei!], así que xa sabemos o que toca… Nestes días pasados vin unha foto de prensa na que aparecían varios académicos con aire docto e seriote que estaban a facer unha presentación do homenaxeado ou algo parecido. A verdade é que non me pareceu que fosen o seu tipo.

  4. Pois xa nos contarás como vai a lectura de Lois Pereiro; como docentes, haberá que poñerse ao día…

  5. Que se ten que ler en alto!?
    Pois non houbese estado nada mal un :
    Audio-Xosé-agasallo.

  6. Súmome á petición de “H”. Veña, anímaste a recitar ao poeta monfortino? 🙂
    Que recite! Que recite!

  7. Unha máis que fan says:

    Estou esperando o audio (o audi tamén, por que non?) coa túa fermosa voz declamando a Pereiro. Veña,ho, alégranos o día!!!

  8. Eu penseino, pero non o dixen por non meterte nun compromiso…[e despois din das extrovertidas que non temos vergoña!, ves como teño?] pero se tanto amigos como amigas, e incluso as que sonmáis que fans cho piden, eu únome á multitude e por riba xa sin máis responsabilidade que a que se lle pode atribuir á masa
    😉

  9. Anónimo says:

    Seguro que xa están @s conferenciantes e @s culturetas afiando o fouciño para dar conferencias polo país adiante sobre o “poeta punk”. Non será ese o teu obxectivo, Falabarato?

Trackbacks

  1. […] post do día 2 recibiu varios comentarios pedindo un audio do poema de Lois Pereiro. Non son eu ningún recitador […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: