post

solsticio

O vídeo de hoxe é un vídeo de inverno, e do inverno xa falou Zeltia:
os domingos fríos, levo onda a ventá o primero café con leite da mañá na cunca branca grande, [lémbrame aquela na que almorzaba de nena o leite de cabra con sopas de molete pantrigo]

Comments

  1. Boa decisión a de non meter o dediño…
    o vídeo, de por si, xa vai sobrado de :
    ” alto voltaxe “

  2. O mellor de calquera vídeo son as persoas, e neste caso teu irmao está moi ocurrente. Pero tamén me gustou moito o melro rebuldeiro; o mar de coles cubertas de xeada; as cores chamativas das bimbieiras; as follas caíndo das árbores [coma bágoas]; os ourizos das castañas xa apodrecendo, alimentando o chan; a mazaira núa; o camiño, as follas,[o camiño].
    Pero o cable que sostén ó pino caído… non ten prezo

    Grazas por lembrar as miñas, [algo cursis] palabras. Gústame verme aí 🙂

  3. Posto que o que pensaba comentar xa está todo dito, xunto as palabras de H + as de Zeltia, as que subscribo felmente, e engado: o solsticio de inverno é sinónimo de plenitude e tamén de serenidade, calma, quietude… Iso é o que percibo no vídeo: plenitude, serenidade, cariño, quietude e beleza, moita beleza…, nas persoas e na paisaxe(deixamos o pino electrificado entre paréntese).

    Xosé, ese é o estado de ánimo que che desexo que manteñas durante todo o próximo ano!!
    E como sei que es amigo de compartir e a beleza sempre se expande, teño a seguridade de que contaxiarás a todos/as os/as que estean ao redor teu. Para min, tamén pido, claro!

    Por eso, cando hai boa luz, coma a dese día, todo brilla doutra maneira, non si? E a música de Greendjohn, excelsa, incrementa o grao de plenitude, de equilibrio…
    O sentido do humor vénvos de familia así, con toda naturalidade; parabéns para Uxío.
    Unha aperta.

  4. áptera says:

    Namorei de Cachóns…

  5. Anónimo says:

    Disque as cámaras engordan, pero eu vexo ó Uxío máis delgado que noutras aparicións anteriores.
    Seique non lle prestou o Nadal?
    Moi bo video. Moi bos comentarios. Inmellorabeis paisaxes.

Trackbacks

  1. […] solsticio jamendo? […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: