post

jamendo?

Supoño que a maioría das persoas que algunha vez fixemos un vídeo e o subimos ao YouTube temos recibido o mesmo aviso no correo electrónico asociado á nosa conta, que máis ou menos reza así: Os dereitos da pista de audio que vostede empregou son propiedade da compañía XXX (UMG, WMG…). Hai veces nas que a advertencia queda niso, en mera advertencia, pero noutros casos padecemos un bloqueo total da pista de audio ou, cando menos, unhas molestas restricións de uso. Todo depende, segundo estou vendo, da entidade que teña a propiedade dos dereitos.

Buceei bastante pola rede para atopar remedios, pero conclúo que ningún é válido para todos os casos. Teño probado a cubrir o formulario de impugnación de YouTube e pensaba que era a solución definitiva, pero algunhas experiencias recentes desmentiron tan reconfortante hipótese. O mesmo podo dicir da opción de modificar a tonalidade ou a velocidade de execución do audio e, en xeral, de todas as alternativas que se me foron ofrecendo.

Que nos queda? O primeiro é descartar, se é posible, aos consagrados. Hai cousa de ano e pico quixen subir un vídeo con música de Bruce Springsteen, en homenaxe a unha gran fan do Boss, e os de YouTube déronme un brusco portazo nas napias. Cabreeime e pasei do vídeo. O mesmo lle pasou a Suso [boss tamén, pero de eticolmeiro] cando quixo dedicarlle ao noso Vincenzo un tema dos seus idolatrados Red Hot Chili Peppers. Polo tanto, parece prudente fuxir destes artistas superpopulares, porque detrás deles están tamén as grandes compañías, ávidas de botarlle a man á nosa faltriqueira.

Unha opción, postos xa a pensar en positivo, é a de aloxar os vídeos noutras plataformas máis flexibles. Recomendo Vimeo, un portal que ofrece moita calidade. Iso si, se queres exprimir as posibilidades que ofrece terás que pasar por caixa e facerte usuario PLUS.

Tamén hai algunhas vías abertas ás persoas que queren utilizar arquivos de audio sen problemas de copyright. No vídeo do meu último post –Solsticio– empreguei un tema musical descargado da web jamendo, que é un sitio no que se ofrece música de balde e legal. Dispón dun catálogo moi amplo e en constante renovación. Para música en galego temos un blog amigo, A regueifa, que non debemos pasar por alto

Comments

  1. Anónimo says:

    Moitas grazas!! VAia regalazo nos fas!
    Apertas dende Ourense capital.

  2. ah, pero o Vimeo ainda permite bastante sin facerse usuario plus! para os que non somos pofesionales podemos probar coa versión free…
    e o de jamendo é un niño de música! (e eso que eu só botei un vistazo superficial… que non son horas)
    Gracias por compartir. Canto sabesssssss

    • xdafonte says:

      Moi oportuno o teu comentario, porque no meu texto parece que daba a entender que as opcións básicas de Vimeo non son suficientes. En realidade, o que ofrece a versión PLUS é sobre todo máis capacidade de subida (5 Gb semanais, fronte aos 500 Mb da versión básica).
      A calidade de reprodución que dá Vimeo é do mellor que podemos atopar hoxe por hoxe. O que non tén Vimeo é a “difusión viral” de YouTube.

      • E outra ventaxa que só os que accedemos a internet con ordenadores na rede corporativa da Xunta coñecemos e…
        que o youtube non podemos reproducilo nas horas de traballo, pero o vimeo sí! [que non o teñen capado aínda]
        -contar isto non di moito ben de min, (só son pequenas licencias na hora do café) así que non me reveles o segrediño-

  3. Brais Celme says:

    Ola Xosé! Espero que estés a pasar unhas boas festas. Se che gusta Jamendo recoméndoche que lle botes unha ollada a ccmixter.org, que ofrece unha chea de música, unha boa parte dela moi interesante, baixo a licenza Creative Commons. Seguro que xa a coñeces, de tódolos xeitos déixoche a suxerencia por si las flies.

    Saudos e unha aperta.

    • xdafonte says:

      Pois non a coñecía, Brais, e xa andiven de visita por alí. Estache ben nutrida.
      Apertas tamén.

  4. Harmony says:

    Grazas por ILUSTRARNOS, Falabarato! Teremos en conta as túas propostas para a elección e manexo de ferramentas cibernéticas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: