A semana pasada presenteivos a Vincenzo, un mozo siciliano que decidiu vir estudar a Silleda un ciclo medio de formación profesional. Hoxe volve Vincenzo para preparar uns saborosísimos [e contundentes] arancini na cociña do Restaurante Devesa, en Graba (Silleda).
Vémolo en Vimeo [aproveitando que somos usuarios PLUS dese portal]
Este vídeo tamén se pode ver no YouTube [ver aquí]
Pero como non avisastes para poder vivir en directo semellante experiencia!!??
Outro vídeo para gardar na mochila. Noraboa Xosé.
Bravo Vinny!
Saúdos a Eliseo e Suso. Bravo tamén.
Lingua/s, gastronomía… interculturalidade, un pracer!
É un traballo excelenteeee!!!
Parabéns a todos os que colaborastes na actividade.
“Provare per credere…” Gústame a idea.
[e se cambiase o meu menú de Nadal? Probarei a cociñar os arancini seguindo a receita, xa vos contarei se consigo impresionar aos convidados]
Apertas de Nadal.
cacho vídeo máis apetitoso!
os arancini eses deben ser unha bomba de moito tres, non?
non te podes imaxinar!
Que sería este video sin ese pinche-presentador-traductor que está en todo?
Ainda que Vincenzo parece home de personalidade potente abondo para allanar obstáculos!
Gustoume cando lle preguntas pola música e entón comenza a soar e cambia o ritmo do video [a parte onde se ve claramente a explicación xestual dos distintos pasos do rebozado dos “laranxiños” está moi moi ben!] e neste segundo visionado reparei en detalliños como o mapa de galicia a carón do plato e noutro plano Sicilia tamén con un dos arancini.
¿e de quen foi a idea dos “playmóvil” ou como se chamen os bonequiños eses? [e por qué eu nunca teño ideas locas desas?. preguntareillo ao meu terapeuta. ]
como din por aí arriba, gústame esa mestura cultural: comida, fala, homes e mulleres.