post

lagarto, lagarto

Para seguirme na batallita de hoxe terás que acompañarme ata o colexio da Ramallosa, en Teo, e entrar conmigo na aula de 7º de EXB. Ata podes saír na foto de grupo [sempre que traias os teus pantalóns acampanados de talle alto, aclaremos].

Imos coa historia. Don Jesús dábanos clase de ciencias naturais. Era un tipo novo, deportista e enérxico que conxeniaba ben cos alumnos máis trallas. Tiña o costume de traer a clase artigos que había no laboratorio,  tales como minerais, follas secas ou fósiles, e mantíñaos durante toda a hora na súa mesa para que nos foramos familiarizando con eles.

O noso don Jesús levábase ben coa profesora de ximnasia [o de chamarlle educación física viría anos depois]. Era unha mestra moza que levaba traballando pouco tempo no meu colexio. E tan ben se levaban, tan-ben-tan-ben, que non era raro que ela estivese na nosa aula mentres el daba a clase, alí sentadiña coma se fose unha alumna máis.

A anécdota que vou recrear aconteceu unha tarde. Describirei a escea. Don Jesús estaba sentado na súa mesa, a profe de ximnasia estaba apoiada no brazo do sofá que el ocupaba e había un tarro enriba da mesa que tiña dentro un lagarto conservado en formol, o agasallo que elixiu o profesor para amenizar a sesión. Os dous profes falaban entre eles mentres nós faciamos unha tarefa calquera. Entón apareceu un dos máis paveros da clase, José Leal, o que hoxe está encargado da gasolineira de Pontevea, que soltou en voz alta:

-Profesor, creo que tén o rabo teso.

-?!

-Mire ben para o lagarto, que tén o rabo teso!

Houbo risas e cachondeo, por suposto, pero a cousa quedou aí. Iso si, a profe de ximnasia xa non volveu á clase de don Jesús.

PS/Xa vedes na foto que a obesidade infantil non era un problema nese tempo.

Comments

  1. E o pequeno Falabarato, “primum inter pares”, cun toque de distinción e elegancia…

  2. eló?
    non había donuts?
    😀
    De adulta coincidin “na cena de empresa” con varios dos que tiñan sido meus profesores no instituto: sorprendeume que eles estaban case igual e non me coñecían. Botei contas e eses que me producían tanto respeto cando eu tiña 12 ou 13 eran só uns mozos e mozas de vintetantos, moito máis asustados de nós que nós deles.

    Estiven a localizarte na foto do grupo, e creo que xa te teño, pero non o digo aquí, que non quero facer o ridículo en público -como tantas veces-

  3. Encántanme estas fotos, sempre me rio cando as vexo e logo éntrame moita morriña; non podo evitalo….
    Mesmo parece que algún vai saír polos “Bee Gees :
    stayin alive, ah-ah-ah”
    Que neno máis pillabán, o Leal ese, sabíachas todas!!

  4. Anónimo says:

    E parece que a diferenza de agora, predominaba máis o elemento macho que o elemento femia. Tempos aqueles! Eu estudei nun colexio parecido, do rural, e da cintura para abaixo parecía que iamos todos uniformados por obra e graza deses pantalóns inesquecibeis.
    Unha moi boa reportaxe.
    Saúdos dende o Baixo Miño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: