post

parrafeos

Versión I (de miña nai):

-Bos días.

-Estou escollendo uns vimbios.

-Parece que vai cambiar o tempo…

-Son pra un cesto.

Versión II (oída dos beizos dunha señora da Estrada, cociñeira ela):

-Bos días.

-Ando a apañar uns figos.

-Como andades pola casa?

-Están todos podres.

Comments

  1. bos exemplos de rirse de nós mesmos.
    [porque eu atopo que son exemplos de comunicación realistas, como la vida misma: cada un ó seu rollo.]
    A versión II é máis graciosa, pero simple.
    a versión I leva unha carga dese humor absurdo que me mola moito.

  2. Ja,ja,ja pois si que ten versións o conto
    [ e, a de aniños que debe ter…. ]

    Eu coñezo doutro xeito, tamén empeza
    cos:” bos días” pero remata dunha forma máis picarona!!!!!

    … E non penso contala 😉

    • xdafonte says:

      Pois deberías contala para enriquecer este post. Se non o fas por pudor, podes seguir o exemplo de Harlequin, unha editorial de libros [digamos] románticos. Parece ser que Harlequin tén [ou tiña, porque esto que conto lino hai xa bastantes anos nun suplemento de El País] unha liña pensada para mulleres novas e outra para señoras. Parece ser tamén que querían aforrar, de xeito que a veces usaban as mesmas obras en ambas as dúas liñas e só facían pequenos arranxos para adaptalas.
      El País recollía varios exemplos destes cambalaches, e un deles quedoume arquivado na cabeciña. Aí vai: Un parágrafo da versión senior aludía a un episodio erótico ponderando a excitada virilidade do partenaire masculino, mentres que na versión para as máis mozas se referían de maneira explícita á súa verga endurecida. O resto do texto era practicamente idéntico

      • Pois aí vai…
        [máis que pícaro-erótico é pícaro-ruín ou pícaro-soez…..]

        Así mo contaba e explicaba miña nai:
        Farruco facía cestos ben xeitosos. As mulleres da aldea sempre lle tiñan algún encargado.
        E como era moi xordiño, según quen se lle achegase el tiña as respostas preparadas.
        Manuel, sabedor do seu problema, quixo mofarse del………

        M – Bos días
        F – boas tardes
        M – que estás facendo?
        F – son pa cestos
        M – non che pregunto eso!!
        F – este é pa miña mullere
        [M., non contento, quixo pasarse de listo]
        M – e logo, a túa muller é puta??
        F – si, e a túa tamén
        M – vaite á merda!!
        F – adeus logo, e ti tamén.

  3. Leo e opino que calquera dos vosos parrafeos son auténticamente Galegos!! (cada un ao seu…)

    Eu teño unha veciña á que lle dá igual como a saúdes: ola, bos días, boas tardes ou boas noites; ela sempre semre contesta cunha pregunta: “e logho…?”
    Despois de 20 e tantos anos, aprendín a responderlle, ás veces, tamén cunha pregunta, por amolar…

  4. Década dos 80. Clase de latín na Facultade de Filoloxía. O profesor, o Padre Sergio, franciscano, humilde, sinxelo e pudoroso como o santo de Asís…Toca traducir a Catulo, mordaz, cínico, groseiro…E para máis inri o poema ós homosexuais Aurelio e Furio que o poeta non tragaba porque criticaran os seus versos.
    Pedicabo ego vos et irrumabo,
    Aureli pathice et cinaede Furi…
    As traduccións dos insignes latinistas que corrían polas aulas para servir de apoio ós alumnos de primeiro, non deixaban dúbida:
    Os daré por el culo y me la chupareis,
    Aurelio, la maricona, y Furio, la bailarina loca….(sic).
    Entón, comezaba o Padre Sergio:
    Os mostraré mis atributos sexuales y os frotareis,
    Aurelio, mariquita y tú, Furio, so sarasa…

  5. marinela says:

    jaja
    miña avoa sempre usaba esa frase cando dicía algo e non lle facíamos caso
    “son pra un cesto!”, dicía mosqueada

    pero mira ti, non sabía eu de onde viña o cesto ese, nin os vimbios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: