post

os nosos nomes

Un día, alá nos tempos de maricastaña, decidín dar o paso de galeguizar oficialmente o meu nome. Nunca esquecerei a severidade da funcionaria que me atendeu. Botoume unha boa berra e acusoume de deslealdade cara os meus pais, pobriños eles. É certo que saín daquela oficina co papeleo resolto, si, pero tamén o é que levaba conmigo a sensación de ser un neno que se portou mal. Canto me reñera a seño!

Hai algunhas anécdotas que me divirte moito lembrar e que non tería vivido como José. Por exemplo, cando me preguntan se son profesor de galego. Ou cando me teñen dito -máis dunha vez- Tú eres del Bloque, ¿no? Logo está a dificultade de moita xente para dicir Xosé, de maneira que me acabo convertindo en Xoxé ou en Pepe. E nestes dous últimos anos, que trato algo con empresas de Madrid, algunha vez se teñen dirixido a min como Josep. Anécdotas que levo con humor, pero anécdotas que din moito.

Todas estas cousas me viñeron á cabeza o pasado 25 de novembro, cando asistín en Silleda a un acto que xiraba arredor da cuestión da galeguización dos nomes. Foron corenta minutos que me despertaron a emoción, o orgullo e a esperanza.

Comments

  1. áptera says:

    Desto tamén hai bastantes anos. Un día estaba cunha xente e apareceches. Ti mesmo te presentaches como “Xosé” ante as persoas que non te coñecían, e unha das que estaban alí preguntouche se dabas clase de galego. Lembro que sorriches e que lle respondeches moi amablemente que non, pero que era unha pregunta que che facían de vez en cando.

  2. Pero se antes os que escollían os nomes eran os padriños…!! Se ademais para os pais sempre somos “os filliños” fermosa costume tan nosa, sempre engadindo: iño – iña -.
    Simpático o debate… canto ex- José xunto.
    Un biquiño galego, Xosé.

  3. silledense says:

    Alégrame saber que os meus paisanos saben defender o que é noso, o que é de todos.

  4. Logo pasouche coma ó protagonista do relato de Suso de Toro!
    Menos mal que eu non son inglesa, porque o meu nome, nese idioma, non me termina de gustar como soa!

  5. pois onde eu traballo hai un Xosé ó que chaman Sosé, porque o x fáiselles moi áspero e rudo, e suavízano con s para dar un toque fino(digo eu que esa será a razón)

  6. pois tamén hai unha variante pijaprogre Xóse, así coa forza na O porque tamen queda fina

  7. Sabela says:

    Cando estudaba en 3º de BUP, tiña un profe de Lingua e Literatura Galega que se chamaba Xesús. A el gustáballe nomearnos polos nosos nomes en galego; a min chamábame Sabela. Sempre sorría, falaba despacio e pronunciaba os nosos nomes con moito agarimo… Gustábame que me chamase Sabela.
    A semana pasada, un día pola tarde, cruceime cun dos protagonistas do acto que mencionas:
    -Boas tardes, Xosé Antón! Porque agora xa non es José Antonio…
    El parouse, sorríu, calou uns segundos (unha persoa de poucas palabras) e despois contestou:
    -Xa hai algún tempo que o cambiei… E, non sei se serve para algo, en fin, xa está feito…
    -Serve, claro que serve! Foi unha decisión que partíu de ti, e iso é moi importante!

    Parabéns polo acto e grazas por achegarnos o vídeo. Considero que estes pequenos debates, serven moito máis que os grandes eventos-conmemorativos-políticos-protocolarios-festivos e demais. Nalgúns dos casos, o único obxectivo é chamar a atención dunha persoa ou dun grupo para-quedar-ben e aparentar que se está facendo algo moi importante en prol do uso da lingua e aí queda a cousa.
    Como dicía X.A., os nomes en galego soan distinto. E aínda que ás veces algún fonema se resista, como é o caso do “xe”, paga a pena galeguizalos. Si que hai unha esperanza, iremos pouco a pouco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: