post

o berciño dos carrizos

A meu pai gustáballe amosarme os berciños dos carrizos, pero nunca me deixaba achegarme a eles:

-Non, nena, que igual asañan…

[Na casa de meus pais sempre houbo niños de anduriñas, cando menos ata onde chega a miña memoria. Alí, acubilladiñas debaixo da madeira do piso do cuberto, pasan unha xenerosa tempada entre achouchíos e voos eléctricos. Sempre me chamou a atención ver a meu pai, que non foi criado precisamente na doutrina do respecto polos animais -coma calquera outro home da súa xeración-, poñendo unhas táboas entre os puntóns para facilitarlles a tarefa de aniñar]

Comments

  1. asañar? [nunca oira esa palabra]
    di o diccionario enfadarse, irritarse…
    e desanidar
    quédame a dúbida

  2. silledense says:

    Señor Falabarato, parece que tiña razón aquel que dixo que “a verdadeira patria do ser humano é a súa infancia”. ¿Non lle parece?

  3. Cando eu era pequena, meu avó dicía que non podía acercarme ás crías dos paxariños por causa da “tiña”, que me podía caer o pelo. Que mágoa me daba!

    [Concordo con silledense]

  4. O mesmo dicía meu pai:
    Nunca desfagas un niño que pasan moito traballiño para facelo, póliña a póliña, nin lle toques que sábeno e non volven e os paxariños morren.

  5. Non sabía o de asañar.
    Lembro un pai que estaba cun neno de dous anos ou así nun centro comercial e apareceulles un becho( un saltón ou algo así ) e o pai mandoulle ao neno tripalo.Extrañoume pola xuventude do pai que ía traxeado e todo e pilloume tan de sorpresa que non dixen nada e había que dicirlle un par de cousas a ese elemento.
    En fin, que sorte tés de ter un pai como o que tés.

  6. áptera says:

    O berciño dos carrizos… Hai expresións, e esta é unha delas, que nunca se poderían trasladar a outra lingua.
    Fermoso post.

  7. Si que é moi fermosa esta expresión “o berciño dos carrizos” (nunca oíra tal), e repetina en voz alta varias veces… para escoitar como soaba… e aínda me gustou máis!!!

    Na casa dos meus avós tamén aniñaban as anduriñas e todos as observabamos e admirabamos; cada tempada esperabamos a súa visita e cando cando chegaban, xa eran coma da casa. Tamén dicían que daban boa sorte, por iso non se debían destruír os seus niños… Querendo ou sen querer, estabamos colaborando coa sabia natureza.
    Graciñas por tan tenra achega neste día un tanto despacible. Menos mal que as nosas queridas anduriñas xa voaron lonxe!

  8. Si, con mil amores e amodiño tecen e bordan os paxariños.
    Será que por Oza fan tenros e eternos os seus berciños ? Que maravilla !!!

    [ con enseñanzas así, seguro que non asañan
    e sempre voltan ]

  9. Xa no século XVII o Padre Sarmiento recollía no seu “Catálogo de las voces y frases de lengua gallega” un acepción de “asañar”: “abandonar o niño a ave que non chegou a poñer ovos ou a criar fillos no niño que construiu”.E no dicionario de Carré, lemos: “abandonar los pájaros el nido cuando notan que han andado en él”.
    Unha preciosa palabra que nos trae Falabarato.

  10. Pero non serás tí a nena do berciño dos carrizos!!!! [unha expresión moi feitiña]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: