post

porca miseria

Viaxabamos desde Dumbría ata o Pino do Val. Vímola ao lonxe, apostada á beira da estrada. Cando nos achegamos, estirouse e fíxonos moitos acenos para que parásemos. Era unha muller moi entrada en anos, pequena, miúda.

-Ai, filliños, non sabedes o favor que me facedes. Se non pararades, ai, aínda tiña que zapatear varios quilómetros ata a casiña…

[A súa cara consumida, as roupas escuras, as mans curtidas e aínda fortes que se aferraban ao asento de diante]

-Veño do médico, ho. Teño a tensión mal e díxome que teño que quitarme da carne de porco para sempre. Non sabedes que pena sinto, que a carniña de porco é a cousa que máis me sabe deste mundo...

Comments

  1. Zeltia says:

    boh! a min a carne de porco ainda non che me importa moito… agora que o xamon
    😉

    [e a que médico iría miña nai para estar na carretera de Dumbría a Pino do Val]

  2. Eu estou ca vella, un cocidiño deses con “de todo un pouco”, waw!

  3. Anónimo says:

    Ó médico hai que telo de man: si a boa da mulleriña lle dera unha “propiniña” seguro que o diagnóstico e o tratamento había de ser moito mais suave. Xa estou vendo ó doutor gardando os cartos no peto, decindolle á señora que non pasa nada por tomar uns vasiños de viño á comida pra dixerir a freva e o touciño do porco. E incluso un chupiño de licor pode ser beneficioso para mellorar a circulación…

  4. Sóame esa historia, si. E de seguir así dentro de pouco sanidade vaille por ós quiniños un rótulo
    que diga ” comerme pode matar !! ”
    [ mellor non dar ideas…]
    Co ben que sabe o noso caldiño…..

    Bicaso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: