post

a solaina

A tarde estaba a punto de caramelo e Nela e Paz quixeron gozala polas terras do Deza. Propúxenlles ver a Solaina, en Piloño (Vila de Cruces).

Recibiunos un Paco Lareo hospitalario, amable e falador coma de costume. E coa picardía a flor de pel, si, tamén…

Comments

  1. Gustoume ver polos teus ollos algúns detalles das decenas que hai na Solaina de Piloño, onde tropeza a sorpresa, o asombro, o desconcerto ou a emoción.
    Moi ben a montaxe. [E que juapismas as señoras]. 🙂
    Da música non teño nada que dicir que tí non saibas 😉
    Grazas, por todo.

  2. Pois si, si que debeu ser unha gozada o voso paso polo museo de Piloño .
    Nótase que Paco Lareo é un home que disfruta co que amosa… toda esa artesanía,- tamén a falada-
    hai moito que ver e tanto que saber!!

    Gusto foi tamén coñecer un pouquiño máis a Zeltia,
    e Nela xa nos pode ir desvelando qué ou quén lle roubou tremenda mirada.

    E grazas Xosé por este paseo á Solaina.

  3. q ben q unha tarde tan grata -tempo para ver con calma as cousas, para demorarse nelas e gozalas- quedase recollida en imaxes por alguén q ten a habilidade de, con ese terceiro ollo da cámara, poñer aínda máis guapa a realidade

    quen me roubou a mirada? non me acordo! andaba vendo as cousas de vagar, e deixábame sorprender por calquera cousa, igual algún traballo de paco larea q unha araña, ou un gato q saía disparado do seu acocho

    (e coincido con zeltia, q ben lle queda caetano ás imaxes!)

    gracias, xosé!

  4. Harmonía says:

    Non sei se queda algo que engadir ao xa dito, eu concordo coas anteriores opinións. Magnífico traballo, ás miradas atentas aos detalles, o ritmo pausado e ameno ao mesmo tempo, a alternancia das imaxes durante a conversa co señor Lareo… Grazas por amosarnos a vosa visita á Solaina. Un pracer!
    A música de Caetano, esa canción…ai!!
    Verei o vídeo unha vez máis, seguro que descubro outras tomas que me sorprendan.
    Unha aperta dezá (nunca mellor dito)

  5. Silledense says:

    Un tipo peculiar O Paco lareo, con moito humor. A historia do ligoteo no tallo de matar os porcos non ten precio.

  6. Meu coração não se cansa
    de ter esperança
    de um dia ser tudo o que quer

    Meu coração de criança
    não é só a lembrança
    de um vulto feliz de mulher

    Que passou por meus sonhos
    sem dizer adeus
    e fez dos olhos meus
    um chorar mais sem fim

    Meu coração vagabundo
    quer guardar o mundo
    em mim

  7. xdafonte says:

    Sempre me pasa que me queda mágoa das cousas que se me escapan. Por exemplo, quen me dera ter gravado o momento no que lle sinalamos a Paco un trofeo no que podía lerse: A Paco Lareo, por su altruismo prometeico. Non tardou nin medio segundo en mirarnos con picardía e en sentenciar que o que o escribiu ben saberá o que quixo dicir.

  8. é certo! rímonos. xa me esquecera. a memoria é caprichosa e selectiva dun xeito anárquico.

    (oes neste blog, por haches ou por bes, todo se volve iniciais!)
    🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: