post

amores secretos/2

A finais de agosto propuxen unha votación para designar a persoa que se debería encargar de comentar unha canción de El Fary. Esther de Cachóns e H empataron a 17 votos, pero renunciaron e non houbo volta atrás. Daquela botei man de Zeltia, a terceira clasificada, e aproveitamos un día que se desprazou ás terras do Ulla para darmos un paseíño ao sol e falar, entre outras moitas cousas, de amores secretos.

Zeltia non me prohibiu enfocar a cámara cara ela, nin moito menos, pero quedoume claro que preferiría que non saísen imaxes súas. Podería ter optado por montar un vídeo con outros elementos, pero finalmente decidín resolvelo tan só con audio.

Aquí quince minutiños da conversación con Zeltia:

https://ofalabarato.files.wordpress.com/2010/09/zeltia-opina.mp3

[E aquí a canción de El Fary, para contextualizar]

Comments

  1. Non quererás dicir que esa muller tola que fala sen parar dicindo parvadas con esa voz de pito son eu!!!
    [E non pensas que con 5 minutos abondaría???]
    diossspalizassoy

    [Por favor, falabarato, atestigua que o resto do paseo non estiven falando eu todo o tempo (minte!)]

    (e aínda así, non escoitei algo que dixen acerca dun certo partido político, referido á realidade deste país noso…) 😉

  2. xdafonte says:

    Zeltia, por suposto que mentirei e direi que durante o resto do paseo non falaches ti soa [son un cabaleiro].
    Non incluín as túas declaracións sobre certo partido político porque non quero ferir ao meu idolatrado Rajoy [entenderalo, sei que o entenderás].

  3. Pero que ben vos quedou,cantísima “chicha” lle quitástedes ó temiña, moito profundastes… ata o punto de metervos na pel dos protagonistas, bravo!!
    Zeltia, con esa voz rebulideira e xovial -a min gustoume- libre Deus ó” don José ” das súas tácticas….ía caer coma un peixiño !!!!
    O que non entendo é coma o meu sr. cura, nunca me preguntou polo sexto mandamento, debeu ser moi boiño… pero diga vostede Xosé -que non me quedou claro- o seu confesor preguntáballe esas cousas ??
    Felicitacións os dous. Bicos.

    • xdafonte says:

      H, estaba a me referir ao cura de Rarís, que ás veces viña confesar a Oza e preguntaba por eses asuntos, vaia que si… Como estaba un pouco xordo, o home falaba bastante alto. Que tempiños!

  4. Harmony says:

    Como me divertín escoitando a vosa conversa. Vaia par de dous! Abraiante! Sodes uns actores totais!
    Eu nunca coñecín un cura así (hahaha…), coma o que zeltia describe. Ou si, o de “El Pájaro Espino”; aquel si que era guapo…Richard Chamberlain! Que ben narra e recrea Zeltia e que doce voz ten! Acabo de pasar 15 minutiños ben entretidos.
    Parabéns pola colaboración, Zeltia!

    PD/ Falabarato, quen te vería con sotana e alzacuello:))

  5. H. e Harmony: vese que non foi longa a vósa traxectoria cos curas! -o internado, dende logo, deixa pegada!-

    grazas polos piropos

    somentes abondar algo no coment de Harmony, para engadirlle a Falabarato, despois do que deixa dito… a tonsura! (tamén chamada “coronilla”)

    • xdafonte says:

      Podedes ter a seguridade de que acepto gustoso o sacrificio de entregar a miña vida ao exercicio do sacerdocio, aínda que ben sei que moitos son os chamados e poucos os escollidos.
      Tamén vos digo que non quero ser deses curas modernos de jeans, cazadoras e barbas. Non e non! As miñas preferencias tiran máis cara o atuendo clásico.

  6. Non podo escoitar a conversa. Dime: “file not found”,…

  7. jiji ji jaja ja
    qué bo rolliño, e que capacidade de visualizar ao curiña e a moza namorada.
    Me encantou a conversa e ambolosdous tendes cadencias guturales ben fermosas.
    Poderiades facer de “Pimpinelas radiofónicos”. O éxito asegurado. Barro pra casa e vos propoño este texto, está en castelán, pero bueno:
    http://www.susanamoo.com/2010/02/victor-va-a-por-laura-ii/

    ou este:
    http://www.susanamoo.com/2010/05/laura-abierta/

    • jajaja, qué cachonda, susana. grazas polo da cadencia gutural, pero non me vexo, non me vexo jajaja, mais a él sí, a él gustaríame velo!
      🙂

  8. Tamén xa é casualidade:
    Acabo de ler un post no blog de Francisco Castro “A Canción do Náufrago”, onde colga este audio:
    Descripción: Lectura dun anaco do conto ‘Misa de nove’. Conta a historia dun sacerdote e unha muller que se senten irremisiblemente atraídos

    Aquí che deixo a a páxina onde está colgado o audio.
    E un fragmento, curtiño.
    Vaino escoitar

Deixa unha resposta a xdafonte Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: