post

amores secretos

Hoxe visitei a Suso [eticolmeiro] e acudiu á nosa conversa unha canción de El Fary, Amor Secreto,  que leva ao límite a eterna cuestión desa caste de amores que, pola razón -ou sinrazón- que sexa, nunca se concretan e que quedarán, polo tanto, no limbo das cousas que non poden ser.

Esta cancionciña tan rotunda doume unha idea… A ver como a acolledes.  Tan só se trata de designar a algún/algunha comentarista habitual deste blogue para encomendarlle a tarefa de falar sobre este asunto dos amores secretos. Xa acordaremos, chegado o momento, o formato que lle damos, que espero poida ser en vídeo, claro. Estou seguro de que todos e todas temos cousas que dicir sobre esta cuestión.

Por certo, non esquezades que El Fary es Dios.

O primeiro, a canción:

Agora, a enquisa:

Comments

  1. ¿????? Xa podes ir correndo, xa… e de paso vai rezando, pa que non te pille !!!!!!

    Comprobei con moitísimo gusto que xa temos unha flamante e xusta gañadora. Pecha a urna, anda.

    Aínda che duran, non ?? 🙂

  2. Non me sea trampullán, fai un chisquiño era Aura ….
    Tongoooooooooo!!!!!!!! eu non xogo 😦

  3. Hai persoas que non aman por medo e outras porque pensan que non o merecen.

  4. Quizais “L” leve razón…

  5. Parece que os comentaristas de Falabarato, de pronto, se aficionaron ó abecedario;) jajajaaaa!
    Ss xa votou.

  6. Sss opina que, independientemente da participación do-a ganador-a, Esther de Cachóns seguramente ten algunha interesante historia que contarnos; todos-as sabemos que a túa nai é unha excelente narradora!!! Poderían falar maáis de un-unha…

  7. zeltia says:

    Bueno eu non sei se un pouco tarde pero xa votei tamen. O video non o podo ver, q estou pasando o finde fora e escribo dende o mobil q ten unha conexion a interne de xoguete e isto non turra (e coa curriosidade q teño a ver logho q di o fari tan interesante)

  8. xdafonte says:

    A votación conclúe hoxe (31 de agosto, día de San Ramón) ás 10 da noite.
    Moitas grazas por participar. Non merezo ter xente tan atenta coma vós.

  9. Harmonía says:

    Démonos présa, antes de que peches esta urna virtual!
    Si que o mereces!

  10. Por apego, o meu voto vai para Zeltia.

    (case non chego, pero cheguei.

  11. xdafonte says:

    Xa vedes que a votación foi tan axustada que acabou en empate entre H e Esther. Agora tócame poñerme en contacto con estas persoas para decidir que facemos. A miña intención é contar con ambas.
    Moitas grazas a todos/as pola participación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: