post

o mar de zeltia

Hai que ter moito ollo co Mar de Zeltia, porque é un mar que pasa dos risos aos choros nun momentiño de nada: agora pódeche amosar a súa cara máis doce e agarimosa, pero non tarda nada en virarse unha criatura voraz e implacábel. Así o conta a propia Zeltia no texto que xenerosamente me cedeu para este vídeo [moitas grazas, Z].

Podes ler o texto de Zeltia [aquí]

Comments

  1. ai, grazas, falabarato!!!
    pero qué ben curradiño está todo… o dos post-it… e qué sorpresa escoitar o texto declamado [pensaba que ían ser uns subtítulos].
    faime moita ilusión escoitar as palabras que escribín… e a moza que soa coma un eco, moi ben tamén.
    Grazas, foi un placer contribuir coa miña pequena aportación neste traballo tan chulo, que tí chamas “enredos”.
    Ainda que estou xa morta co sono, vou falar deste vídeo no meu blogue, [que quero presumir].

  2. As imaxes xa falan por si soas e o texto… Zeltia cando fala, fala moi sentido.

    Excelente resultado esta combinación.
    Parabéns!

    Un saúdo.

  3. Noraboa!!! fixestes unha estupenda colaboracion.

    Saludiños 🙂

  4. Gustoume moitísimo: o mar efectivamente está cheo de vida e morte, e a morte dalgúns é a vida de todos.

  5. Fascinante mestura de palabras escritas e faladas, intensas. Inolvidables coma o son dunha caracola bañada por ese mar que hoxe nos traes.
    O mar sempre vai cheo bágoas:
    unhas docemente salgadas, outras amargas e desazonadas!!

    Moitos bicos, doces ou salgado?? 😉

  6. Veño dende a de Zeltia, e quedo gratamente sorprendida. Bonito montaxe, e moi fermosa voz masculina que me leva directamente a invitarte a que poñas voz a un dos meu relatos tamén.
    Bueno, disculpa as confianzas.
    Encantada.
    susana moo

    (moi boa descripción de Zeltia tamén)

  7. Harmonía says:

    A estas alturas, xa non queda moito que dicirrrrr… Recordando a don Luis Rial, un acerto.
    Que mar! Que voz! Que declamación! Canto sentimento!! Fermoso poema; o mar que acariña e o mar que traiciona, a vida mesma. Esas imaxes tomadas así tan de cerca, a auga tan transparente, o son das olas en combinación co son das palabras e o fondo musical, os ecos…, abraiante!!!
    Percíbese un arduo traballo detrás, mais seguro que divertido, non si? Extraordinaria colaboración, grazas a Zeltia e a Falbarato.

  8. Unha curiosidade, Falabarato: e a botelliña coa mensaxe tamén apareceu alí, por casualidade, entre as cunchas? Non falta detalle!
    Bicos doces e (hoxe) tamén un pouco salgados.

    PD: Probei a ver o vídeo en 1080p HD; vaia diferencia!

  9. A Contramuleta says:

    Excelente!!! Con todo, aínda che falta un chisquiño para chegar á intensidade expresiva do gran Luís Rial.

  10. Silledense says:

    Precioso o mar de Zeltia…
    ¡Qué mágoa que non queiras que che digan artista!

  11. Silledense says:

    Zeltia é un gran fichaxe. Espero que sigades facendo traballos en colaboración para que os disfrutemos.
    Biquiño.

  12. Magnífico!
    Eu xa era fan de Zeltia; agora seguireino sendo, pero incorpórote a ti na salva de aplausos polo bo xeito de misturar letras con imaxes e son.

    Un saúdo dende a Chousa

Trackbacks

  1. […] textiño utilizouno Falabarato para acompañar unhas imaxes que él tomou na praia, coas que montou un vídeo que colgou no post de hoxe no seu blog. [Quedei sorprendida de cómo cambia o texto ó escoitalo, […]

  2. […] Que lindo o mar, hoxe, ó amanecer. Que imaxe tan plácida, parece unha postal para soñar. Pero o terrible xigante nunca dorme. Inda non apareceron 3 dos 4 afogados da outra noite. Por iso eu, tanto respeto. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: