post

Malotes

Quedaron nun coñecido bar de tapas a unha boa hora para tomar unhas tapas e coa intención de tapear. El pediu unha caña, que ao remate serían dúas, e ela un tinto de verán que estirou durante horas. Non probaron bocado.

Na mesa de pedra repousaba un libro gordecho que ofrecía unha viaxe ao baleiro fértil.  Podería ser un bo pé para iniciar unha conversa, pero non falaron de libros. Tampouco caeron nos lugares comúns do cine, da pintura ou da música, por poñer exemplos clásicos de temas de conversación guay.

Falaron -como os vellos amigos que non eran- das súas vidas. Concordaron os dous no difícil que é chegar a darse conta das propias dificultades e dos mecanismos que se activan para rodealas, para facer como que non existen, para enmascaralas.

-Durante anos pensei que as miñas relacións de parella foron fracasando porque tiña mala sorte. Tardei moito tempo en darme conta de que era eu a que as facía fracasar desde o primeiro día, porque en realidade escollía compañeiros cos que era imposible que prosperase unha relación.

-?

-Si, eu sabía que con eses homes polos que me sentía atraída non podería ir moi lonxe. Sabíao vendo o seu carácter ou a súa traxectoria…

-Pero gustánche os malotes…

-Si, hahaha, gústanme os malotes!

Comments

  1. Siador says:

    A min tamén me pasa como a muller do tinto de verano. Non sei que teran os malotes, señor falabarato pero a min tamén me perden e despois levo nos peteiros.

  2. Anónimo says:

    A árbore quere tranquilidade, pero o vento non lla concede

  3. Será posible que nunca se acerta?
    escollas como escollas, sempre nos vai faltar algo…? igual esiximos e queremos demasiado!!

    Ter con quen falar tomando unhas cañas ten que axudar -creo eu- a pasar o mal trago, a seguir avanzando e a seguir retellando… Avanti.

  4. Os “malotes” sempre gustan, [xa son malotes porque saben do seu encanto engaiolador]. Pero tamén gustan as montañas rusas, as norias, a emoción que sube ata a gorxa e baixa de súpeto até o estómago. Mais cando baixamos da noria, ou da montaña rusa, o que queremos é un chan estable dende onde estender a mirada e pousala na liña branda do horizonte…
    Todos e todas precisamos unha man que terme, un peito que acolla, uns ollos que comprendan. [Non está mal, con todo, subir na montaña rusa]

    Bicos de feira!

  5. Os “malotes” deben ter moito de engaioladores, sedutores e enfeiticeirossss…;))

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: