post

Non era tan negra…

Estaba tan obsesionado co asunto que non daba falado doutra cousa cada vez que ía botar a partida. Os compañeiros de mesa sabíano e picábano para  que contase outra vez como un dos seus fillos se liou cunha moza cubana nunha viaxe de pracer. O home non podía explicarse como o seu fillo deixara a rapaza de toda a vida para embarcarse nesa relación.

-Sabedes que é o peor? Que é negra coma o café.

O tempo foi facendo o seu labor e o fillo casou coa rapaza cubana. O pai seguía indo xogar a partida ao bar de sempre, pero os compañeiros xa non o oían queixarse da desgraza familiar. Nada diso, agora falaba  das cousas que facía o netiño e referíase á moza cubana polo seu nome de pila. O cambio foi de tal magnitude que ata mudou a súa percepción da cor da pel.

-A verdade é que non vos é tan negra como eu dicía…

Comments

  1. O descoñecemento é o pai de moitísimos prexuicios.
    Non hai máis ca acercarse a outra cultura, a outras xentes, a outras tendencias, a outras cores, para darmos conta das marabillosas similitudes,
    e o que é mellor: das marabillosas diferencias.

  2. Cada vez estas situacións estanse a normalizar máis , bo é.
    Aínda resoan nos meus oidos aqueles lonxanos cánticos:” no te importe la raza ni el color de la piel, ama a todos como hermanos y haz el bien”.
    E eu na miña cabeciña pensaba que aquelo “iba a misa” era boa!!!.Pobre naiciña co fillo lle trae unha negra …e a esas mociñas que lle gustan os mulatos das orquestas, pasto de murmuracións, das voces cantoras. Nin caso….
    Coñezo unha historia parecida, e cando naceu o bebesiño a xente asaltaba o carriño pola rua. O dia que tocou a miña quenda, as miñas palabras foron:”que feituquiño , parécese a ti”. Á avoa iluminouselle a mirada e o pai agradeceumo. Era certo: o meniño tiráballe máis o pai…o meu dito non iba con segundas, foi o que sentín, nada máis lonxe da verdade….pero esta última reflexión tiña que sobrar, non si??
    Temos aínda tanto que evolucionar!!Bicos.

  3. Cando Barack Hussein Obama tomou posesión do seu cargo como presidente dos Estados Unidos, comentando na casa as imaxes do acto de investidura e do baile do novo presidente coa súa dona Michelle Lavaughn Robinson, meu pai (que non é nada racista!) alegou: ” nooo, a muller éche ben neghra…” (facendo énfase no adxetico). Eu respondinlle que os dous son negros. El insistiu:” non, haiche boa diferencia! El é un pouco moreno si, pero ela é de raza neghra, nótaselle ben!”
    Eu, por seguir tirando do cordel e darlle un pouco a lata, deixei caer: “pois din que é moi intelixente…” Ao que el respondeu: “será, será… pero ser é ben neghra!”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: