post

Lume para Monica Bellucci

Corren malos tempos para a lingua galega. Non lle prestou nadiña o cambio de signo político que se derivou dos resultados dos comicios de marzo do 2009, onde a questione della lingua tivo un especial protagonismo e foi esgrimida ata a extenuación como reclamo electoral. Daba a sensación, escoitando certas voces, de que viviamos nunha ditadura na que toda persoa que non falase galego estaba condenada á exclusión laboral, económica e social. Os medios reiteraban esas mensaxes e ao remate acabouse materializando aquelo que dicía Goebbels, ministro de propaganda da Alemaña nazi: unha mentira repetida sistematicamente acaba sendo verdade.

Pois ben, as eleccións gañounas quen as gañou e a nova liberdade lingüística foi recibida con algarabía polos vencedores. Mesmo podemos ver imaxes dalgúns representantes da intelectualidade soltándose o pelo e cantando a pleno pulmón a chegada dos novos tempos [aquí]. Despois veu o que ti ben sabes: a presentación -en fin de ano- das bases dun novo decreto do galego, a presentación -un sábado- do anteproxecto dese decreto, a aposta -máis ben morna- polo trilingüismo, etc. etc. etc.

Como é lóxico, estes novos aires non foron ben recibidos por boa parte da cidadanía. A resposta foi chegando por moitas vías e da man de moita xente. Un dos campos nos que opera a resistencia é o audiovisual, un mundo onde as vacas sagradas da nosa cultura se sinten realmente a gusto, pletóricas de look e de light. Agora ben, a quen se lle ía ocurrir ir un pouco máis alá e empregar a rotunda presenza de Monica Bellucci para facer un spot patriótico? Ao meu amigo Suso, naturalmente, principal sospeitoso de comandar a web EtiColmeiro.

Se queres ver o traballo de Suso, pincha aquí.

PD/ Estes días teño obras no edificio. A boa noticia é que vou ter ascensor. A mala é que os obreiros taládranme os miolos a martillazos. Eles tamén son galegos, así que pasan olimpicamente de usar cascos ou calquera elemento de protección (que non se diga…!), pero eu non aguanto tanto ruído. Preciso un manual de supervivencia.

Comments

  1. As accións manipuladoras, tramposas e engañosas do pasado recente tiveron certo éxito e, desafortunadamente, unhas repercusións; no presente sufrimos as consecuencias negativas de desprezo pola lingua galega.
    Lamentarnos non é a solución. Empezar a facer cousas coma este inxenioso traballo do compañeiro, si que axudará a tomar conciencia da situación inxusta e ilóxica a que chegamos. Temos unha lingua propia, pois empreguémola!
    PD/ Tamén ti tes obras no edificio? Parece que chegou a época das reformas para máis xente. Ánimo, que os martillazos cesarán nalgún momento. Para compensar podes poñerlles música, igual se animan e rematan antes…
    Unha aperta (sen ruídos).

  2. Anónimo says:

    O meu manual di: A supervivencia é un proceso natural do estado mental…toma!!
    Traducindo: tentar, loitar, aguantar, superar, etc.
    E non é ningún consolo saber que os golpes, soan igual en calquera idioma. Os da casa dun, sempre doen e firen máis.

    Menos mal, que elevarse será unha pasada!!.
    Moito ánimo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: