Quedaba na casa un paquetiño dunha excelente fariña de centeo. Xa se sabe que para un só dá algo de preguiza cociñar, así que aproveitei a visita de Eliseu para preparar dous almorzos xeitosos: un panciño e unhas filloíñas. Parece que lle souberon; polo menos, con fame non marchou.
Saborosos, boliños por San Blas,
quen dixo dixo dieta??? os olliños poñense larpeiros, que podemos facer…
Eliseo vese satisfeito, ante tanta atención e agarimo. Non se pode pedir máis, esa cociña desborda saber e sabor.
Gustosos saúdos.
Que bo estaba todo!
Como papamos!
Madonna!