Archive for the 'Uncategorized' Category

De marcha por Cequeril cun “petroglifófilo”

Outubro 12, 2009

De marcha si, pero non de copazos nin de pubs, non, senón de sendeirismo por unha ruta que se inaugurou o 10 de outubro en Cequeril (Cuntis).
A expedición contou cun convidado de excepción, o petroglifófilo Ángel Núñez Sobrino, que foi o encargado de poñer a nota erudita na metade do percorrido e que, xa aos [...]

Vimeo

Agosto 26, 2009

Seguín os sabios consellos de Alex Ghalpon e creei unha conta en Vimeo, un servizo parecido ao YouTube que ofrece unha gran calidade. Para probalo empecei subindo os tres vídeos nos que distribuín as imaxes que trouxo Eliseu da súa xira asiática. Así poderás comparar a calidade de Vimeo con YouTube, o gran referente.
Tailandia I: [...]

“Mi España es la del Manchester, no la del Bayern”

Agosto 25, 2009

Terceiro e último episodio da viaxe de Marta, Nacho e Eliseu a Tailandia.

Na procura da árbore da fertilidade

Agosto 25, 2009

Sei ben que son un dos blogueiros máis vagos do planeta dos blogueiros. Tanto é así que me sorprende moito -e moi gratamente, claro- que aínda haxa xente xente que siga pasando por aquí, á vista do tempo que tardo en actualizar este invento. Só vos podo dicir, tal como nas esquelas radiofónicas, “favores [...]

Bangkok

Agosto 24, 2009

Cando lle deixei a cámara a Eliseu para levar a Tailandia non imaxinaba que ía volver con catro horas de gravación. Púxenme a descargar as cintas ao ordenador e, mentras ía curioseando o material, fun vendo que a cousa daba para un resumo xeitoso. Aí vai, con permiso de Eliseu e os seus colegas (incluído [...]

Crónica dun gran partido de baloncesto

Agosto 20, 2009

Na miña infancia eran moi comúns os partidos de fútbol entre solteiros e casados. Chamábanse amistosos, pero non por iso deixaba de haber tensión, piques e algunha que outra patadiña. Seino ben, que algún me tocou xogar…
O que che ofrezo agora é un vídeo doutro dos clásicos deportivos: un partido entre alumnado e profesorado, desta [...]

Iván debuta

Xullo 17, 2009

Como manda a tradición, rematamos o curso cunha cea. Saboreados os postres e xa en plena tertulia, aproveitou Iván para ir pola cámara e recoller unhas imaxes.

Micromovie

Xuño 19, 2009

A primeira vez que oín a palabra micromovie foi nunha conversa con Suso e cuns mozotes un pouco despistados. Seguín o rastro, entrei na web do concurso Curtas na Rede e lin que unha micromovie debe aterse a estas características:
-A micromovie terá unha duración máxima de 30 segundos. A temática é libre.
-A súa realización será [...]

Valume, batume, esquilmo, estrume, molime…

Abril 13, 2009

Nós chamámoslle molime, pero a nosa lingua dá moito para elixir, como ben ves no título que escollín…
Este sábado fixo unha tarde xeitosa para ir ao monte e apañar o molime, un labor deses que van desaparecendo.

Grelos e vimbios

Xaneiro 5, 2009

O primeiro domingo de 2009 deparounos unha tarde bastante xeitosa para estirar as pernas por Cachóns adiante. Boa ocasión para coller uns grelos e dar unha volta pola devesa mentras se conta un conto. Boa ocasión tamén para admirarse de cousas que xa non parecen desta época; tal é o caso, por exemplo, do cableado [...]