post

videoghit 2.0 // time-lapse \\ zeltia

A idea de facer un vídeo só con fotografías levaba moito tempo rondándome. Como pasa con tantas outras cousas, só faltaba que aparecese unha chispiña que me levase á acción.

Pois resulta que apareceu a chispa, e foi no curso dunha conversa con Zeltia. Comentoume que quería facer un time-lapse -un palabro totalmente novo para min nese momento- e faloume das dificultades técnicas ás que se enfrontaba. Unha delas, posiblemente a principal, era dispor dun sistema que permitise facer fotos a intervalos regulares sen ter que estar pulsando o disparador.

Uns días despois púxenme a bucear pola rede e atopei un software gratuito que permite ampliar radicalmente as capacidades que traen de serie as cámaras réflex dixitais. Chámase Magic Lantern e incorpora, entre outras moitas cousas, un intervalómetro moi doado de axustar.

Resolta a cuestión técnica de base, o que fai falta é un trípode e gana de pasar horas mirando como a cámara queima obturador para acumular uns centos de fotos que darán para uns poucos segundos de imaxe en movemento.

O vídeo está na conta dos meus amigos/as de EtiColmeiro, que teñen en marcha o concuso Videoghit 2.0. Quen queira participar está a tempo!

 

About these ads

Comentarios

  1. zeltia di:

    estou morta de envexa! non é un time lapse, son máis dei 20 mini-time-lapses…!! E eu que xa me conformaría con un de 20 segundos… non me vexo con ánimo para ir resolvendo todas as dificultades que leva un traballo como este, e sabes canto me apetecería ser quen de utilizar esta técnica, creo que é un recurso expresivo no que me sentiría cómoda.(Bueno, se o intento, espero contar coa túa axuda, coma sempre, Mr. Teacher)
    As partes que máis me gustaron son a do pan, os reloxios (tanto significado!), o queixo… bueno, as domésticas todas, incluso esa dunha toupa debaixo do edredón!
    o Pico Sagro, o aparcamento do Instituto, o charco… jajaja bueno, vou terminar citando todas as secuencias!
    Parabéns Falabarato!!!!

  2. BdV di:

    Excelente, el video, la paciencia, el procesado, el revisado,el movimiento, la música, el movimiento, el revisado, el procesado, la paciencia, el video excelente.
    Saúde e Ceibedade
    b:Deíca-r

  3. paideleo di:

    Mui bo traballo !.

  4. M.J di:

    encantáronme un par de secuencias que me mostraches esta semana…
    O resultado final: IMPRESIONANTE!!!
    Larga vida

  5. Áptera di:

    Así naceu o cine, non? Eu nada podo dicir das cuestións técnicas, pois deso non entendo nadiña, pero si que resulta curioso o efecto que producen as imaxes: hai un tono así como antigo nesas composicións que as fai moi atraíntes.

  6. xdafonte di:

    Moitas grazas pola vosa participación. Seguímonos vendo.

  7. Mer di:

    Impactante traballo. Ese contraste entre dúas moles, o Pico Sacro e a Cidade da Cultura está moi logrado. É a neutralización do “Tempus fugit”…A eclosión do pan….
    As sabias palabras de Eva Veiga “Cada cousa aparece e disípase” leváronme a outro sabio, o rei Salomón:

    “Hai un momento para todo e un tempo para cada cousa
    baixo o sol:
    Un tempo para nacer e un tempo para morrer,
    un tempo para sementar e un tempo para recolleitar o sementado.
    ……
    un tempo para demoler e un tempo para edificar;
    Un tempo para chorar e un tempo para rir,
    ……
    un tempo para tirar pedras
    e un tempo para recollelas;
    un tempo para abrazarse
    e un tempo para separarse;
    Un tiempo para buscar
    e un tempo para perder;
    un tempo para gardar e un tempo para tirar….
    un tempo para a guerra
    e un tempo para a paz”
    Libro do Eclesiastés, capítulo 3, versiños 1-8, século IX a. de C.
    Parabéns pola presentación desta nova xoia.

  8. Harmonía di:

    Outro excelente traballo, Falabarato!
    Xa hai tantos detalles técnicos explicados! As secuencias de imaxes, as conexións e os significados…

    E moito me gusta o comentario-aportación de Mer…

    Apertas de maio

  9. Aniña di:

    que preciosidad de time-lapse!

  10. Impactoume a imaxe do pan fermentando e o queixo derretido. Describe perfectamente a vida, todo nace e ten unha época brillante, alegre… pero… desgraciadamente, antes ou despois, acaba desaparecendo… en definitiva, morrendo.
    Da gusto ver a cara dos alumnos de informática, que concentración!
    O traballo e estupendo, parabéns os dous, Zeltia e Xosé.
    Eso que eu son máis de cousas e imaxes con calma, e por momentos, como teño vértigo, dame a sensación de que como as veces cambia tan rápido, vaiseme a cabeza.
    Ai Dios, e xa será cousa da edad!!!
    Saludos, Mari de Piloño.

  11. Andrea di:

    Encantoume.
    Por certo, sabías que a Dalí se lle ocurriu pintar “Os reloxos blandos” ( esa especie de metáfora sobre a flexibilidade do tempo) cando viu un queixo Camembert derreténdose?

Trackbacks

  1. [...] na mesma silla diante da mesa da oficina. 9.000 días un detrás de outro. A miña memoria fai un time lapse deses 9.000 días, detrás da ventá, no mesmo sitio, na mesma postura: eu co pelo rizo, ombreiras [...]

  2. [...] de Chousa da Alcandra e a música composta por Raúl. Falabarato recitou e aportou as imaxes coa técnica time-lapse que eu xuntei coas miñas para montar este [...]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: