Conservo na memoria anacos dun tempo no que aínda se cocía o pan na casa. De seguro que aquel pan moreno feito con fariñas de produción propia sería hoxe un artigo de culto, pero o obxecto do desexo daquel momento era o pan branco e inmaculado que se vendía nas panaderías.
[Falaba meu pai da agonía da avoa que non coñecín e contaba como el se botou a andar polas estradas para mercarlle un moletiño de pan branco á moribunda]
Beleza e enerxía, calor e mantenza. O olor do pan con aceite do almorzo dos domingos.
Na foto, a última masa que puxen a levedar.





…Lémbrome entre a xente onde se agasallaban con laranxas, lémbrome daquelas cousas con tenrura, lémbrome das lembranzas que outros puxeron nos meus miolos; mais non deberíamos esquencer co pan de antonte era un pan mixturado de restos pouco limpos, por iso o pan branco era tan aprezado…Lembranzas que non eran millores cas de hoxe, lembranzas dun xeito pra avoa pretas duns intres cheos de morriñas e seguramente cheos de lembranzas íntimas e importantes que fan que ises intres sexan pois os millores pra non ser esquecidos…
Breves
Deica.
Que ben ole!!!
Gazas
bicos
algo se remove no centro profundo da memoria con algúns olores; o do pan recién feito, é un deles.
E se antes ese pan blanco e tenriño que traía o panadeiro, co son celestial da codia renxedora, era o obxecto de desexo -que aínda o segue a ser-,
agora ver a foto desa túa masa, e imaxinar o arrecendo cando os sacaches do forno, paréceme a min suficiente para que alguén bote a andar e me traia un deses…!!!!!
Obxecto de culto e de luxo…Hai que ver o prezo que leva o pan. E se é o da foto, aínda paga a pena, pero ese pan chicle das boutiques que en media hora xa non vale para nada? Iso tiña que estar ilegalizado e penado.
A mín aínda me acorda cando a miña mamá cocía o pan de millo, facía unha fornada de seis ou sete moletes que botaban un tempo.Eu era pequena pero gústabame vela amasar na artesa e quentar o forno de leña.
Eso sí, este traballo tiña un ritual antes de metelo o no forno, bótaballe bendición para que todo salira ben decindo: ” la bendición de Dios del hijo y del espirítu santo” e facíalle unha cruz na masa.
Que ben arrecendía aquel pan e que moreniño! gústabame con queixo e no caldo. Que tempos aqueles!
Hola son Mari de Piloño e pido disculpas porque o comentario anónimo anterior e o meu,e dame moita rabia porque non e a miña intención,nunca me acordo de poñer o meu correo. E si non o poño entra como anónimo, dime que estou a comentar da miña conta de wordpress e sin embargo non e así. Sínto moito e aproveito para decir que me gustou o relato do pan.