Chegamos a Lalín ás once en punto, a hora pactada dez días antes. Pulsamos o timbre e recibimos a noticia de que o noso personaxe acaba de romper unha perna. Xa non sacamos as cámaras do coche, loxicamente, e quedamos de volver outro día para facer de reporteiros. O primeiro, xa se sabe, é a saúde.
Cafeteamos e lemos a prensa moi de vagar. Nun recanto dun xornal atopo a fórmula perfecta para resolver a crise. Non podo resistirme a compartila.
Imaxinemos que chega un turista a un hotel. Diríxese ao recepcionista e pregúntalle se queda algunha habitación libre. O recepcionista respóndelle que só hai unha dispoñible e que custa cen euros. O turista entrégalle un billete de cen euros e sube á habitación.
O recepcionista colle os cen euros e sae botando fume cara á tenda do carniceiro. Entra e entrégalle o billete, ao tempo que lle di: “Aí che deixo os cen euros que se che debían”. O carniceiro colle os cartos e vai pitando cabo do que lle vende a el as reses. “Toma os cen euros que che estaba a deber”, acláralle. O gandeiro agarra os cen euros e lévallos ao seu proveedor de pienso para saldar tamén unha débeda de cen euros. Á súa vez, o comerciante dos piensos tiña tamén un pufo de cen euros no hotel, así que aproveita que acaba de cobralos para presentarse alí co billete e pechar a súa débeda.
Todo isto acontece en pouco tempo, o xusto e necesario para que o turista examine a habitación e faga un par de chamadas para ver outras opcións. Rematadas estas tarefas, baixa a recepción e diríxese de novo ao empregado: “Non me acaba de gustar a habitación e vou buscar aloxamento noutro hotel. Faga o favor de devolverme os cen euros”. O recepcionista bótalle a man ao billete de cen euros, o mesmo billete que o turista lle entregara ao chegar, e devólvello xunto co saúdo de rigor.
Conclusión: todos pagaron as súas débedas e ninguén gastou nada.





pois está claro: que a pasta rule!, así que vámonos de viaxe, que a xente ten que pagar débedas!
Xa se sabe:Se os cartos circulan, a economía vai para adiante. O método “frauta”(tapar un burato abrindo outro). Esta xentiña morosa tivo sorte de non ter que ir pedir un crédito ó banco!!! Eses sitios marabillosos que che deixan un paraugas cando fai sol e cho quitan cando empeza a chover (Mark Twain).
Gustaríame saber que pasaría se un deles, non vai tan rápido e veloz a devolver o que debe, se en resumo rompe a roda.
Outro reflexión, se non houbese os tan odiados Bancos, quen tería ou daría chegado non digo máis, poñamos por caso, un piso, un coche, un baixo para montar un negocio?
Se esperásemos a ter ese importe aforrado, xa estaría ou vendido ou o valor non sería o mesmo.
L., non hai tanto, así era. Na miña casa, e en moitas outras, non se mercaba nada ata ter os cartiños na man. Eran outros tempos. A xente non ía ós bares a diario; como moito un domingo ou o día da festa. Tampouco se mercaba roupa tódolos días, nen cousas superfluas. Os nenos e nenas iamos á escola de uniforme. Agora parece que van á Sección Infantil da Pasarela Cibeles. Non é a xustificación, pero dende logo, o xeito de vivir cambiou moito en pouco tempo.
Vale, que vivimos nunha sociedade de consumo, recoñézoo, pero que ninguén che obriga, tamén é verdade.
Vivimos nunha democracia na que ninguén obriga a ninguén a entrar en ningún banco, para pedir ningún préstamo, nin en ningunha tenda, para comprar.
O que se deberiamos ter todos un mínimo de intelixencia para saber si o necesitamos ou non.
Non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita!
Paréceme moi ben pensada esa estratexia do billete “boomerang”, amigo Falabarato. Agardo que me fagas chegar un billetiño de cen euros para empezar a movelo
O mesmo estaba eu pensando: quen pon os primeiros 100 euros?
Leo o comentario de L, e non parece tan sinxelo, eu síntome obrigada a moitas cousas, aínda que non me leven a punta de pistola. Xa que falas de bancos, estou obrigada a cobrar a miña nómina a través dun banco, obrigatoriamente teño que ter unha conta nun.
obrígame a consumir as necesidades que me crean os técnicos en publicidade, saben as motivacións que todos temos: ser aceptados, ser queridos, sentirse seguros, ser atractivos, estar delgados… (quen non consume está excluído)
Eu non penso para nada como ti Zeltia, se me falas de ter que comprar para sentirse aceptados, queridos e menos aínda seguros. A seguridade vai por dentro, igual que moitas outras cousas, e é o que importa.
Eu nunca me sentín obrigada a comprar nada para aparentar. Eu consumo o que necesito, nin máis nin menos, e non me sinto excluída.
E creo tamen que as aparencias moitas veces enganan, os que máis aparentan son os que menos teñen.
gracias por contestar L.
só quería aclarar que non estaba pensando nas “apariencias” cando falei da aceptación; se non de algo interiorizado, que obedece a causas psicolóxicas profundas…
é difícil para min expresar nunhas liñas algo tan complexo… se me poño a explicarme agótolle o espacio para comentarios do Falabarato!
Un tal Keynes imaxinaba unha especie de círculo así, no que , en tempos de crise como a que vivimos, tiña que ser o Estado o que puxera primeiro os cen euros (que previamente nos cobrara a nós), provocando un efecto multiplicador da economía que fixera, vía impostos, que el recuperara o invertido. E en esas andamos: receita liberal clásica ou receita keynesiana.
Imos bos se son os economistas os que collen o timón! Lembrade aquel vello chiste:
Naufragan tres persoas: un físico, un matemático e un economista, e xunto deles chega á illa, flotando, unha lata de atún en conserva. Cando chegan os tres, famentos, todos pensan en comer o atún, polo que acordan dar cada un unha alternativa para solucionar o problema de abrir a lata.
FÍSICO: “Deberiamos poñer a lata entre dúas rocas, xusto nunha angulación de 25 graos para que os raios do sol a dilaten e con poucos golpes se abra”.
MATEMÁTICO: “Creo que collendo a lata e dándolle 23,5 golpes nos bordes, ao final acabará abríndose sen perder o contido”.
E agora tócalle ao ECONOMISTA: “Supoñamos que teño un abridor…”
Hahaha!!! Que bo o chissste, Falabarato!:-) Que SEMPRE nos quede o HUMOR.
[inda que a situación económica actual non é para tomar a broma]
Esto está moi ben, gústame a idea de como todos pagaron as súas débedas e ao final os cen euros volveron ao principio. Quedaron todos contentos e a roda sigue dando voltas. En canto ao consumismo, non e máis feliz quen máis ten. Aínda que vivimos nunha sociedade que invita a mellorar…ou mellor dito… a comprar. Hai cousas indispensables e outras que nos fan sentir mellor psicolóxicamente. Pero, sie se quere seguir a roda do mundo é preciso subir ao carro. Eso si, disfrutemos das cousas simples da vida e dos momentos.
Boa anécdota, malia non hai bancos ó redor, polo tanto, algo falla. Que é a sociedade sen bancos? sen hipotecas? sen préstamos abusivos?
Xa non sería unha sociedade capitalista.
Ola son Mari e teño que pedir disculpas, porque o meu comentario feito o día 30 entrou como anónimo, e non era a miña intención. Ai Dios, que xa vou perdendo a cabeza!! Un abrazo.