post

algo que celebrar

Celebra Zeltia no seu blogue que xa resolveu a súa cita co quirófano. Funa ver onte á súa Coruña e atopeina moi ben.

Aquí vola traio.

 

Tamén no YouTube [aquí]

Comentarios

  1. zeltia di:

    Ser a prota dun post neste blog, que visito a miúdo (e polo miúdo), é unha honra que che agradezo;
    Pero e que nunca fora tampouco a prota dun videoclip! heino gardar para sempre! ;-)

    Fágome a idea do cariño que puxeches ao seleccionar estes minutos de gravación de entre tanto tempo que pasamos falando e gustoume a túa discreción non utilizando algúns temas que saíron.
    Estou tan contenta co traballo de edición, os planos do mar, os secundarios do Playa-Club, o vento, a música, a Torre, o paxariño, as mans, os refrexos,.. que xa nin sequera me importa verme aí parloteando coa voz de pito sin dicir nada interesante,
    [impórtanme máis eses planos en que a luz incide cruel e directa resaltando as miñas engurras. Pero iso é porque eu son algo coqueta [tantos e tantos xestos, ano tras ano, foron estragando a miña cariña e inda me estou afacendo a que esta son eu agora. [E que algúns dos ángulos parecen inventados para levar a cabo venganzas!]. Pero, como ti me dixeches, o de menos é sair máis ou menos favorecidos, que “nós non andamos a iso, verdade?” e tes razón,nós non andamos a iso]…

    O agradecemento máis fondo, Xosé, por darme un tan grande sitio no Falabarato, Sempre me sinto tan ben tratada aquí…!

  2. Áptera di:

    Que linda reportaxe e que linda Zeltia!!!!

  3. Aura di:

    Estupenda entrevista, Falabarato! Que ben que nos traes á nosa amiga Zeltia xa recuperada e tan animada! E vén con ganas de contarnos cousas, de rir, de aloumiñarnos coas súas palabras, os seus xestos, os silencios…
    Aínda sigo imaxinando ao ciruxano contando unha e outra vez a anécdota da paciente recén reanimada: “dáme un biquiño” :-) ) Que momento!! (Iso non lle ocorre todos os días, seguro!). Tenro. Precioso.

    Apertiñas aos dous.

    PS/ Se durante os anos anteriores nos vivises e non te expresases…, igual tiñas dúas ou tres engurras menos. E…? Coido que non che compesaría, Zeltia!!;-) Grazas por seres e mostrarte tal como es.

  4. Marisol di:

    Encantoume o vídeo que lle adicas a Zeltia. Vese que o fixeches con moito cariño.
    Felices Festas, Bicos

  5. Eueu di:

    A min tamén me gusta moito a Zeltia que se descubre neste vídeo. Coñecíaa polo seu blogue, no que con moita frecuencia. Pódese dicir que son unha fan dela, e agora aínda máis!

  6. xdafonte di:

    Cando collín o tren non sabía se podería vela. Chamoume e avisoume de que estaba bastante mareada e que non me podía “garantir” -así o dixo- que fose estar en boas condicións para pasar unhas horas xuntos pola Coruña adiante.
    Pero alí estaba. Eu levaba a cámara por se se animaba a exercer de vítima. Accedeu sen problema e gravei horas de vídeo que despois montei do xeito que vistes. Habería moitos vídeos posibles, eses nos que se fala da soedade, dos amores que quedan no retrovisor, da nena que aínda a habita, da vida.

  7. Antonio di:

    Quien no conozca a Zeltia es una mujer que merece mucho la pena, que sabe de la vida. El vídeo está muy bien y es un gran trabajo,pero ya lo dejo dicho en el blog de Zeltia,que lo lamento pero tiene el fallo de que no la quitaste mirando a la cámara mientras habla y la mirada que ella tiene transmite mucho de lo que dice y no te puede dejar indiferente, por eso no es un video que la refleje muy bien a ella, aunque el vídeo merece todo mi respeto, que no pretendo decirle a un profesional como tiene que hacer, es solo mi modesta opinión.

  8. Mer di:

    Eu tamén son fan do blog de Zeltia que leo e releo moitas veces. Tiña curiosidade por coñecela fisicamente. Encantáronme as súas palabras, o seu rostro fermoso, expresivo, a súa ollada ilusionada. A súa esperanza. Doulle as grazas por pasar por aquí, transmitíndonos tanta alegría,a pesar da súa recente intervención. E que non sexa a última!
    Unha forte aperta.

  9. Mer di:

    Querida Zeltia: que non sexa a última!…vez que pasas por aquí! Tal e como rematei o meu comentario parece que me refiro á túa intervención! Isto pasa por estar escribindo con “ruído” ó redor. Bicos.

    • zeltia di:

      Está ben que o aclares! :-) xa supoñía que esa era a intención do comentario, pero agora xa estou segura.
      Co permiso de Xosé, vou aproveitar tamén para agradecerche as túas palabras bonitas e, sobre todo iso de que les o meu blog… Eu, dende que paso polo Falabarato, sempre vexo o teu nome nos comentarios -igual que o de outr-s lector-s asidu-s e tamén a min se me esperta interés por coñecervos e saber de vós.

  10. Magnífica reportaxe! Primeiro noraboa a Paz pola súa rápida recuperación, non parece recién operada.Saleu moi guapa. E foi moi valiente botarse tan pronto ó frío, porque si se ve que o pasou. Teño que felicitála porque sempre tiña medo de falar a cámara e por fín o fixo e se deixou ver. E que ben se expresou
    Claro que despois do bikiño do médico, así calquera recupera forzas!!
    Gústoume moito cando mira hacia o mar, como si estuvera esperando algo ou a alguén. Tranquila Paz, logo desta reportaxe seguro que a túa axenda estará a reventar! Van a aparecer mozos ata debaixo das pedras!!
    E tamén felicitar a Falabarato por unha vez máis achegarnos imaxes fermosas e cheas de sentimentos. Abrazos para os dous.

  11. Andrea di:

    Tanto gusto, Zeltia. Gústame poñerlle cara a túa voz, que a min sóame cantarina, e as túas palabras, que sigo con atención e interese.
    Grazas, Xosé, polo fermoso vídeo.

    • zeltia di:

      Andrea, eu tamén vou escoitando o teu nome de cando en vez, unidos a” pil-pil”, “valentía” e outras virtudes, xa che puxen cara na felicitación de Iván, que eu sonche moi cotilla :-) e sirva o Falabarato como intermediario para o noso saúdo, [que spero que a Xosé non lle importe este abuso de espazo, de tempo e de protagonismo.]
      :-)

      bicos para os dous.

  12. Anónimo di:

    Emocionoume. Non sei quen sodes, caín por aquí dunha man amiga. Canto ánimo transmites, rapaza!

  13. Estrella di:

    A min gustoume moito a composición, tamén. O tono é envolvente, e tamén os reflexos, a paisaxe, os detalles que parecen minúsculos pero que son tan grandes. Claro que a protagonista é de excepción. A min non me extraña nada que o blog de Zeltia sexa tan lido, con tanta delicadeza e tanta paixón que derrocha… Iso sí, que conste que é moito máis guapa do que sae no vídeo ¿eh?, que igual gran parte dos planos, especialmente os recollidos desde a mesa, non son os máis favorecedores para ninguén. E que é mágoa que non se poida apreciar esa chispa tan intensa da mirada e a emoción contaxiosa que transmite. Igual noutra ocasión ¿non?

    • xdafonte di:

      Agradecido por todos os comentarios.
      Tomo nota do que me dicides dos planos “desfavorecedores” para telo en conta para a próxima (se se deixa).

      • zeltia di:

        Xosé, vaia reprimendas levaches dos meus amigos (encantoume! haha) por non buscar o enfoque que “resaltara a miña beleza natural” ;-)
        Xa sei que non se trataba diso que, se tii quixeras, ía estar eu máis juapa que la Preysler.!

        Outra vez che digo que é un orgullo para min estar no Falabarato de prota dun post.

        • xdafonte di:

          Pois nada, Zeltia, haberá que facerche un vídeo no que saias mirando a cámara. Vaiche custar, porque ti sempre miras os ollos (bueno, polo menos os meus)

  14. paideleo di:

    No vídeo mírase unha Zeltia viva, expresiva e feliz. Neste vídeo tan bo saiu de protagonista pero hai tempo saíra noutro vídeo na Solaina de Piloño.
    Eu non a coñezo persoalmente pero estou convidado a algunha torta e espero coincidir co ela nalgunha ocasión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.