Na procura da árbore da fertilidade
Sei ben que son un dos blogueiros máis vagos do planeta dos blogueiros. Tanto é así que me sorprende moito -e moi gratamente, claro- que aínda haxa xente xente que siga pasando por aquí, á vista do tempo que tardo en actualizar este invento. Só vos podo dicir, tal como nas esquelas radiofónicas, “favores por los que anticipan gracias”.
Hoxe publico un novo vídeo das aventuras de Eliseu e dos seus colegas en Tailandia. Onte tocou Bangkok e hoxe veremos a esta xente desenvolverse con soltura polo norte do país.
Agosto 25, 2009 at 3:10 pm
Ola Xosé, son unha das colegas de Tailandia. Paso moita vergonza ao verme facer o parvo (e tamén ao andar co Eliseu) pero encántanme os vídeos.
Un saludo Rueda!
Agosto 25, 2009 at 3:32 pm
Saúdos, Marta. Poucas veces o pasei tan ben facendo vídeos… Deberiades profesionalizarvos.
Agosto 25, 2009 at 3:42 pm
Sha-wa-dika:
Mellor que na semana fantástica(moito,bo e gratis total).Que gustazo viaxar,aprender e disfrutar,todo moi,moi interesante…..
A fume de carozo liscou Don Mariano,foi ver o home da pluma e sair “voando”(temor a contaxio….).
Pouco pensou no amigo Alberte,coa ilusión que lle faría unha figuriña desas po seu novo galiñeiro.
Un agarimoso saúdo.
Agosto 25, 2009 at 3:51 pm
Podo adiantar e adianto que don Mariano volve na terceira e última entrega da epopeia thai.