Micromovie

A primeira vez que oín a palabra micromovie foi nunha conversa con Suso e cuns mozotes un pouco despistados. Seguín o rastro, entrei na web do concurso Curtas na Rede e lin que unha micromovie debe aterse a estas características:

-A micromovie terá unha duración máxima de 30 segundos. A temática é libre.

-A súa realización será exclusivamente mediante a cámara do teléfono móbil.

-Non poderá incluír ningún tipo de efecto de postprodución nin visual nin sonora.

Noutras palabras: vas a unha festa no pavillón da Bandeira (Silleda), localizas a uns baliraríns entusiastas, colles o móbil, daslle ao botón bermello e xa tes unha micromovie coma esta:

Explore posts in the same categories: Uncategorized

One Comment on “Micromovie”

  1. Anónimo Says:

    Os meus parabéns,gustoume moito(unhas risas)o seu “micromovie”.É tan bó,que sabe a poco.
    Vaia ollo:o señor de laranxa,parece un mega-bailarín de “piñon-fixo”.O de vermello….inenarrable.E a música,puritiño directo,como debe ser.
    Daslle xenial a tódolos filmses(a falta de estatuiñas)unha grande aperta.


Comment: