Valume, batume, esquilmo, estrume, molime…
Nós chamámoslle molime, pero a nosa lingua dá moito para elixir, como ben ves no título que escollín…
Este sábado fixo unha tarde xeitosa para ir ao monte e apañar o molime, un labor deses que van desaparecendo.
Abril 15, 2009 at 1:32 pm
hola chiquillo: dille a túa nai da miña parte que, efectivamente, eso do molime ou do toxo xa non se leva; pero tamén que ela non está para cargalo nin para subirse ao remolque para cargalo. ¡que espabile a eses dous homes que ten como fillos, que poden facer eles todo.
dille a teu pai que na miña terra o feito final de atar o carro chámase arrefuar (é unha palabra bonita, a meu parecer).
Con respecto a ti, vexo que andas medio torto e pareces un pouco dorido. xa te votabamos de menos no teu blog. espero que mellores.
un bico grande
Abril 16, 2009 at 4:05 pm
Dende logo,e eu que te facía “sabatizando” ou algo así.
O camiño dos mortos; Xesús que historia será esa!? como pa ir un só o molime,xa che digo.
Ai,non escoites esa música que taladra a cabesa e magulla os miolos.
Coidate moitiño oh!
Abril 24, 2009 at 9:59 am
POIS debían darche unha non contributiva do 150% para que te dedicarás só ao mundo do vidéo.. que clase de antropoloxía, vouna poñer na aula en canto teña unha pantalla desas con proxector…
vostede siga gravando…
Abril 24, 2009 at 11:23 am
Grazas polos cumpridos, boa xente…
O da pensión é unha broma de meu irmán, que aproveita que levo unha tempada un pouco derrancado. O bo é que as molestias van pasando e que o ánimo tamén se vai restaurando. O restablecemento deberá completarse no último domingo de maio, que será cando acuda con miña nai a unha misa na capela do Pico Sacro á que me ten ofrecido. Espero que o ritual non inclúa andar descalzo ou penalidades dese estilo…
Abril 24, 2009 at 4:52 pm
Bonitiño, esas cousas só fan efecto os que acuden con fé, e non vexo que sea o teu caso.
Abril 24, 2009 at 4:52 pm
E o de bonitiño púxeno con cariño…
Abril 27, 2009 at 6:00 pm
Rectifico, que é de sabios/as, neste caso a FÉ, pona toda a túa nai, e polo que se ve, vale para curarte a ti e á min tamén si fixera falta. Así que sanarás.
Abril 28, 2009 at 4:14 pm
E eu penso o mesmo: a fe das nais move montañas…
Aínda así, Falabarato, vaite facendo á idea e tomándoo en serio, iso axudará.
Comentar o vídeo, non é doado. Mellor, velo unha vez, e outra, e outra…
Apertas
Abril 30, 2009 at 12:21 am
Xa estou vendo ó bo do rapaz o dia da festa do San Sebastian, dando voltas darredor da capela e con unha camiseta na que se pode ler: “se fora pra sachar non me habian de pillar”.
Por suposto, logo do ritual relixioso, unha boa paparota…
(non estaría de máis que fora por alí aguén con camara para rexistrar o momento, e logo colgar o video “por ahí adiante”)
Un saudo e a mellorarse.
Xuño 12, 2009 at 6:06 pm
ABRACADABRA