Elías, o home que tocaba o bombo
Noutro post anterior (como publico pouco, son bos de localizar) puxen un vídeo no que recollía imaxes gravadas entre Oscos e A Fonsagrada. Ese día traballei moito e xuntei unhas tres horas de filmación, repartidas entre a misa campestre, a procesión, o xantar, o baile, as varias actuacións do grupo folk Lume na Lareira…
Todo esto pasaba o 30 de agosto. Cando volvín ver ao amigo Cachafeiro -o xefe da delegación do Deza e Tabeirós que se deprazara ao evento-, recibín a nova de que un dos músicos morrera había xa uns días, ou sexa, pouco despois da visita ás terras norteñas. A verdade é que eu apenas coñecía a Elías, que así se chamaba, pero impactoume o feito de saber que aquel home que tocaba o bombo con enerxía a finais de agosto estaba enterrado a primeiros de setembro. Tan pronto como tiven tempo volvín repasar as cintas e rescatei unhas imaxes de Lume na Lareira no pobo de Santalla de Oscos. Eran as doce e media da mañá e estaban quentando motores para o que viría despois.
Para velo en YouTube, aquí.
Tags: Lume na Lareira, Memoria
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Outubro 8, 2008 at 12:35 pm
Alegría e tristeza, así é a vida. Unha homenaxe de admiración, cariño e respecto. Entrañable e conmovedor.
Unha aperta.
Outubro 11, 2008 at 12:58 am
Son desas sorpresas que nos da a morte.
Outubro 19, 2008 at 9:41 pm
Nunca percutirás só, Elías.
Marzo 21, 2009 at 5:23 pm
Nos das alegria en nuestros momentos tristes.
Gracias de corazon, por poner en internet estos trozos de mi tierra querida.